domingo, 12 de febrero de 2012

Éche o que hai


Non demostrar os sentimentos non é bo de todo, mais coido que facelo tampouco. Non son eu moi aberto nese sentido, e ás veces pésame.
O que si que teño claro é que non mostrar os sentimentos malos moi a miúdo leva á frustración, e aínda por riba non fai avanzar apenas nada nese problema.
Tendo en conta isto, case que é mellor durmir mal dúas noites e vivir tranquilo dende entón que reprimir a rabia. Porén, eu non son capaz. Dáme medo non conseguir conciliar o sono. Cando teño problemas con alguén con caracter forte, teño que ceder eu, polo meu propio descanso. Senón non saco o tema da cabeza.
É inxusto, aínda por riba de que trago co que me boten, téñome que foder e sentirme frustrado. Caghiná...

jueves, 8 de diciembre de 2011

A Raíña do Vento (Miguel Alonso)




Voou sen máis bandeira que as súas cadeiras nesta fuxida
sen punto de partida nin fin de viaxe.
Feliz por verse soa sen un “perdoa” en cada día,
con mil mentiras por equipaxe.

Fuxiu e coroouse raíña do vento,
que lle levanta a saia a Marilyn.
Escapou disfrazada dos seus mellores momentos,
de boneca rusa con aire de Steve McQueen.

Por fin os tempos cambiaban, no CD cantaba o vello Bob Dylan
Coma unha laraiña, coma un futuro.
Café para non ficar durmida por se acaso a vida lle sorría
E non perderse cada día en tempos escuros

Fuxiu e coroouse raíña do vento,
que lle levanta a saia a Marilyn.
Escapou disfrazada dos seus mellores momentos,
de boneca rusa con aire de Steve McQueen.

Fuxiu e coroouse raíña do vento,
que lle levanta a saia a Marilyn.
Escapou disfrazada dos seus mellores momentos,
de boneca rusa con aire de Steve McQueen.
De nena boa con aires de James Dean.

Podes descargar a canción aquí.

martes, 23 de noviembre de 2010

Non hai outro xeito

Para darme ti a min hostias has ter que pasar antes polo seminario
Eu, nun momento de inspiración na ducha

jueves, 18 de noviembre de 2010

Se mo pides así...

 Podo tocarche as tetas? Porfiiiis

E dio con cara de cordeiro degolado... (Imaxe non apta para xente sensible, avisados estades).

lunes, 15 de noviembre de 2010

Manifesto

A xente foi creada para ser amada
As cousas foron creadas para ser utilizadas.
A razón pola cal o mundo está sumido no caos
é porque as cousas son amadas e a xente é utilizada.

lunes, 8 de noviembre de 2010

Ben sei que ti me queres

Clic na imaxe para descargar o CD de balde
Ben sei que ti me queres... ben sei que ti me queres, pero quéresme mal!

Cando camiño pola rúa, normalmente vou inmiscido nos meus pensamentos e moitas veces acabo tatareando unha canción. Hoxe ía pensando na lingua e nunha posible tradución do verbo querer ao castelán, pero é complexo. En castelán non podes querer mal, mais en galego si.
Hai que ver qué xenio e maldade temos os galegos!

sábado, 6 de noviembre de 2010

A vida (e as relacións)

A vida é coma un campo de batalla, aínda que nunca ten fin: É preciso loitar, pero ao fin e ao cabo imos morrer. Só intentaremos que o noso bando e as nosas crenzas perduren no tempo e sexan axudadas por nós.
O resto de persoas forman parte do exercito. Non todos son facilmente identificables no referente ao seu bando, e debemos procurar andar sempre atentos.

Irlanda 2010
Moitos dos nosos compañeiros caerán no camiño, perderémolos de vista, fallarannos en batallas clave e ata poida que nos toque loitar contra eles noutro tempo. Pero iso non debe debilitarnos.
Saímos coa batalla perdida e sen nada que perder, polo que toca ir a por todas. Isto non significa dálo todo por perdido ou esquecernos de que debemos preparar o futuro. Debemos ter coidado a cada paso que damos de non deixar pegadas nos prexudiquen máis adiante, e debemos procurar ser honestos e legais cos nosos compañeiros.
De tódolos xeitos, cada un ten a súa estratexia nunha batalla, pero eu penso que isto é máis ou menos así...

viernes, 5 de noviembre de 2010

O pobre Marcelo...

 Probe marceliño... :(

miércoles, 3 de noviembre de 2010

Mau morta

Mau morta, mau morta
tes os fillos á porta
non lles deas de comer
mándaos traballar á horta
Popular

lunes, 1 de noviembre de 2010

A vida

A vida ás veces lévanos onda non queremos ir. É coma a raíz cando atopa unha pedra no camiño: non pode furala e ten que dar un rodeo, pero seguirá medrando, iso é o que importa.