lunes, 25 de junio de 2012
A carne é débil!
"A carne é débil"... pensei eu cando me decatei de que a uña non era o único que estaba a cortar...
sábado, 23 de junio de 2012
Culpable
Tés medo de
non encontrar ao verdadeiro culpable?
Claro, é moito
máis fácil botarlle a culpa a outro. Pénsao. É culpa súa realmente?
- Claro, por que non?
Tés razón.
Todo encaixa. A primeira impresión é que si. Pois para que indagar máis? Total,
todo é branco ou negro, iso é algo que se sabe en todas partes.
Ou será que
tés medo? A escala de grises informática conta usualmente con 256 tons.
Imaxínao, pasamos de un a dous centos de posibles culpables. Uf. Iso require
analizar moitos factores. Demasiados. Mellor deixámolo para mañá, como todo o
complicado.
Ben, polo
menos distraícheste. Xa non estás enfadada, verdade? Entón qué importa quen é o
culpable? Total, xa non estás doída. Abur.
...Regresou.
De novo, a culpa non pode ser túa.
- A ver, todo indica que é el, para que darlle
máis voltas?
Mira a miña
camiseta, ves as letras brancas? Vaiamos a un pub bailar, e disme de que cor
son as letras despois baixo aquela estraña luz violeta.
Non é por mal,
de verdade. É por ti. Pénsao, ao mellor o culpable nin sequera existe. Ao
mellor o problema está na túa cabeza. E non, non te estou a chamar demente.
Pénsao. Poida que a percepción subxectiva che xogue unha mala pasada. Pénsao
(unha vez máis). Ti tés as rendas da túa vida, é ou non é? Porque se non é así,
vai sendo hora de que as tomes. Deixa de lamentarte a fai algo por arranxalo.
Só necesitas
de ti para ser feliz. A que esperas?
Deixémonos de
poesía... a vida é puta por veces, e non hai que facerlle. Intentar levalo o
mellor posible e punto. Forza a quen a necesite. De corazón.
Cumpre unha
nota: Isto non é válido para calquera solución. Se che fai sentir un pouco mal,
lembra que a limpeza é dura pero merece a pena. Se cha pela o que les, pasa.
viernes, 22 de junio de 2012
miércoles, 20 de junio de 2012
Ruxe Ruxe - Adiante
O tempo pasa, e é que o tempo non para
Mentres arredo das nostalxias do pasado, pero
os cemiterios vanse enchendo de amoras
o corazón vai baleirando de amizades
E a cada paso, malia cada mal momento
Miro de erguerme, póñome en pé e berro
Adiante!
Adiante, sempre adiante!
Adiante!
Adiante, sempre adiante!
Adiante!
Adiante, sempre adiante!
Adiante! Adiante!
E ás veces son monstros enormes que dan medo
E ás veces son pantasmas que se meten dentro
Dentro de min, no máis profundo do cerebro
E roen todo, esgazan rompen, rachan todo
E a cada paso, malia cada mal momento
Miro de erguerme, póñome en pé e berro
Adiante! Adiante!
Adiante, sempre adiante!
Adiante! Adiante!
Adiante, sempre adiante!
Adiante! Adiante!
Adiante, sempre adiante!
Adiante! Adiante!
[Solo]
E ás veces cambia o tempo e dóeme todo
e caio ao chan e peto forte contra o fondo
E noqueado, collo aire nos currunchos
Limpo as feridas, paro a conta e loito
E a cada paso, malia cada mal momento
Miro de erguerme, póñome en pé e berro
Adiante! Adiante!
Adiante, sempre adiante!
Adiante! Adiante!
Adiante, sempre adiante!
Adiante! Adiante!
Adiante, sempre adiante!
Adiante! Adiante!
Adiante, sempre adiante!
martes, 19 de junio de 2012
Relacións
O segredo é que o compartes só con outra persoa. É dicir, a exclusividade. Ela merece para ti esa exclusividade e ti para ela. Cóntache cousas que non lle contaría a ninguén e ti necesitas saber que iso é así, que é en ti en quen máis confía. Qué carallo amor!
miércoles, 6 de junio de 2012
Imaxino a deshora
Estaba mexando (sen
ser burdo nin banal, é o que hai) e escoitei unha gaita. A triste melodía
fíxome recordar. Triste unha gaita? Non tal, pero si morriñenta. O caso é que
en canto rematei a necesidade fisiolóxica, sentín a necesidade de saber quen
compartía gustos tan non-comerciais comigo. Asomeime á fiestra e busquei. O entrañable
son parecía provir da parte esquerda do andar de arriba. E alí se dirixiu a
miña mirada. Unha ventá aberta e unhas antigas cortinas protexendo o cuarto.
Pouco máis.
Imaxinei. Claro,
imaxinei. Quen vive aí? Neste edificio hai de todo, dende estudantes a
traballadores e xubilados. Quen carallo podía estar a ouvir ese CD que saíu
fará un par de meses? Imaxinei. Dende logo, alguén da miña idade. Unha rapaza,
seguramente. Seguramente? Non, está claro. De longo cabelo louro. Bu... qué
guapa! (e a canción, tamén). Non só é un gran álbum, é unha declaración de
intencións. Foder, buscando lonxe o que tiña ao ladiño. Pois nada, non imos
deixalo pasar...
-
Hei!!
Tremenda canción
Non debía tardar
en asomarse. E cumpriu.
-
Ola!
Está moi ben, si.
-
Algo
tristeira, non si? Chámome Miguel.
-
Eu
chámome ...
-
...,
bonito nome! (mentín; a quen lle gusta ...? Por favor, qué hortera!)
-
Grazas.
-
Pois
eu tócoa. E esta canción na guitarra tamén (ou algo así, non recordo ben)
-
Eu canto
e tócoa tamén. Cando queiras tócocha.
-
Mola,
tocámola xuntos?
-
Vale!
Por desgraza, isto
nunca chegou a transcender nin a cumprirse. Comezaba a cravar o cóbado no
marco, e iso levoume a deixar de imaxinar.
Seguín alí, pero
mirando ao horizonte. Non quería que se alguén se asomaba á xanela me collese
mirando para ela!
En fin, cousas de
tímidos. O caso é que sentín a morriña da canción, pero tamén da vida. Mágoa
non ter o valor de berrar a quen se atopase tras aquelas rancias cortinas sepia.
Seguirei escoitando ese disco a soas mentres me evoca lembranzas non vividas.
Imaxino.
sábado, 17 de marzo de 2012
sábado, 3 de marzo de 2012
Zënzar - Caneando Ruainas (con letra e tradución)
Caneando Ruainas é o nome dun tema do disco "A Tribu", dos decanos do rock galego, Zënzar. Trátase dun tema escrito en barallete, xerga empregada polos afiadores no pasado para falaren sen seren entendidos polos demais.
A letra está copiada de oído, así que poida que teña algún fallo. A tradución realiceina a partires deste dicionario de barallete que atopei na rede. Non aparecen todas as palabras nin me aventurei demasiado coas traducións, prefiro que a complete alguén que saiba máis do tema (algún afiador na sala? Algún membro de Zënzar?). Porén, é sinxelo imaxinar as palabras que faltan (en negriña) e descifrar o significado da canción.
Actualización 24-10-15
Grazas aos comentarios de Alexandre Galiza nesta mesma publicación temos unha tradución máis completa :)
A letra está copiada de oído, así que poida que teña algún fallo. A tradución realiceina a partires deste dicionario de barallete que atopei na rede. Non aparecen todas as palabras nin me aventurei demasiado coas traducións, prefiro que a complete alguén que saiba máis do tema (algún afiador na sala? Algún membro de Zënzar?). Porén, é sinxelo imaxinar as palabras que faltan (en negriña) e descifrar o significado da canción.
Actualización 24-10-15
Grazas aos comentarios de Alexandre Galiza nesta mesma publicación temos unha tradución máis completa :)
Zënzar - Caneando Ruainas
Caneando ruainas a voltas de tarazana
nun moro do meu maquino atopei unha belena
A súa garlea é dulzórreo, os seus míreus son o mar
Eu só che quero mizcar
Es mutila do varante pensa que te vou melar
Meu labreño é moi distinto do teu bato e lapetar
Apecataches que comenda ti quixeras esgueilar
Ti que eres miña naceira temonos que anibiar
E teu bato xa sospeita que ti te queres lascar
Avisou aos seus compinches que me tiñan que zoupar
A belba está nas grelas, vémonos no zagarral
Cando baixe a da gaurra témonos que camuzar
A súa garlia é dulzorreo, os seus míreos son o mar
Esmitila do barante pensa que te vou melar
Ti que eres miña nanceira, témonos que anubrar
avisou aos seus compinches que me tiñan que zoupar
E agora, imos coa tradución:
Zënzar - Camiñando polas rúas
Camiñando polas rúas a voltas de afiador
Nunha aldea do meu camiño atopei unha muller
A súa boca é azucre, os seus ollos son o mar
Eu só te quero bicar
Ti es a nena do alcalde, pensas que te vou roubar
O meu labor é moi distinto do do teu pai e do dos ladróns
Confesaches que comenda ti quixeras escapar
Ti que eres a miña ama temonos que esconder
E teu pai xa sospeita que ti queres fuxir
Avisou aos seus compinches que me tiñan que zoupar
A garda civil está nas grelas, vémonos na maciñeira
Cando baixe a lúa témonos que camuzar
A súa boca é azucre, os seus ollos son o mar
Eres nena do alcalde, pensas que te vou roubar
Ti que eres a miña ama temonos que esconder
avisou aos seus compinches que me tiñan que zoupar
lunes, 27 de febrero de 2012
viernes, 17 de febrero de 2012
Manifesto (anti)comunista
A miña vida non será moita cousa, pero é miña.
...Lo tengo todo teniendo nada...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)