| Imaxe orixinal |
domingo, 21 de octubre de 2012
Rock Bravú - A paixón que queima o peito
![]() |
| Os Rastreros |
"Dos pinchos e das flores do toxo máis agreste,
do monte máis salvaxe.
Da calor e dos aromas da augardente e da queimada,
que teiman do orballo e das xeadas nos osos.
Dos aquelarres en covas, en noites perdidas,
con bruxas e trasnos danzando por riba do lume.
Das pedras nos balados, nas cabezas e nas gadañas,
crabuñando o asubío de algún cantar popular.
Das guitarras compradas coa primeira paga do paro
ou da economía somerxida.
Do tabaco de batea adulterado con aromas tropicais.
Do amor, do odio, da frustración
ou dunha borracheira de vatios nun alambique clandestino.
De todos eses sitios e de moitos máis,
naceu, cun aturuxo na boca, este rock tan noso... SEN CAPAR"
Manifesto Bravú
miércoles, 26 de septiembre de 2012
lunes, 17 de septiembre de 2012
viernes, 24 de agosto de 2012
Melancolía
lunes, 6 de agosto de 2012
lunes, 23 de julio de 2012
martes, 17 de julio de 2012
Amor e sangue en Chiapas
Ando á procura dunha ollada súa
que me confirme a fé que teño nela
e avanzo a cegas coa maior firmeza
noutra rebelión xusta que interna
nunha urxente esixencia de certezas
para este corazón revelde e zapatista
obrigado a loitar polo evidente
cunha serea furia
antiga e sabia
Desde o amor que resiste ó que reprime
con ella por compaña como antes
ou eu só ben armado de nostalxias
deixareime invadir de sangue maia
para que retorne á sua propia terra
ou consiga vivir outras mil vidas
en loita contra o mundo
se é preciso
crebándolle o pescozo
e desviando
á historia do seu curso
xunto coas mesmas víctimas
de sempre
Lois Pereiro
Poesía última de amor e enfermidade
Visto en Envolventes as palabras.
lunes, 25 de junio de 2012
A carne é débil!
"A carne é débil"... pensei eu cando me decatei de que a uña non era o único que estaba a cortar...
sábado, 23 de junio de 2012
Culpable
Tés medo de
non encontrar ao verdadeiro culpable?
Claro, é moito
máis fácil botarlle a culpa a outro. Pénsao. É culpa súa realmente?
- Claro, por que non?
Tés razón.
Todo encaixa. A primeira impresión é que si. Pois para que indagar máis? Total,
todo é branco ou negro, iso é algo que se sabe en todas partes.
Ou será que
tés medo? A escala de grises informática conta usualmente con 256 tons.
Imaxínao, pasamos de un a dous centos de posibles culpables. Uf. Iso require
analizar moitos factores. Demasiados. Mellor deixámolo para mañá, como todo o
complicado.
Ben, polo
menos distraícheste. Xa non estás enfadada, verdade? Entón qué importa quen é o
culpable? Total, xa non estás doída. Abur.
...Regresou.
De novo, a culpa non pode ser túa.
- A ver, todo indica que é el, para que darlle
máis voltas?
Mira a miña
camiseta, ves as letras brancas? Vaiamos a un pub bailar, e disme de que cor
son as letras despois baixo aquela estraña luz violeta.
Non é por mal,
de verdade. É por ti. Pénsao, ao mellor o culpable nin sequera existe. Ao
mellor o problema está na túa cabeza. E non, non te estou a chamar demente.
Pénsao. Poida que a percepción subxectiva che xogue unha mala pasada. Pénsao
(unha vez máis). Ti tés as rendas da túa vida, é ou non é? Porque se non é así,
vai sendo hora de que as tomes. Deixa de lamentarte a fai algo por arranxalo.
Só necesitas
de ti para ser feliz. A que esperas?
Deixémonos de
poesía... a vida é puta por veces, e non hai que facerlle. Intentar levalo o
mellor posible e punto. Forza a quen a necesite. De corazón.
Cumpre unha
nota: Isto non é válido para calquera solución. Se che fai sentir un pouco mal,
lembra que a limpeza é dura pero merece a pena. Se cha pela o que les, pasa.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
