miércoles, 6 de marzo de 2013
Descoñecida,
Gustaríame coñecerte na rúa, un día calquera, porque é cando agasallas a túa máis fermosa mirada: a sincera.
sábado, 2 de marzo de 2013
Comprensible
| understanding 21 | kruzul |
Achégaste. Tremo.
Sorrisme. Tremo.
Un agarimo? Tremo.
Aloumíñasme. Tremo.
Buff... bícasme. Tremo.
Síntote. Tremo.
Quérote... tremes.
(hai xa tempo)
lunes, 18 de febrero de 2013
Meu cuarto, meu cálido recuncho
| Strange Dream | Shari Chankhamma |
Meu cuarto, meu cálido recuncho,
gústasme inda así, sen calefacción.
Pago por ti, gustosamente,
por terte segura e aberta,
fechadura que non precisa de ferrollo.
Os que pasan diante respectante, malia querer botarche o ollo.
Recuberto de pósteres, pequeno de máis.
Ordenado de cotío, por necesidade.
Gardas pensamentos de forma estritamente confidencial,
e bailes, e sexo.
Meu cuarto, meu cálido recuncho,
es o motivo de non acadar a loucura, por ti manteño a cordura.
Non desvelas murmurios nin acordes baixiños,
mantés o meu segredo.
Posúes soños e pesadelos, e repártesmos cada noite.
Posúes sono e cansazo, e repártesmo paseniño se fico no teu interior.
Estimo ter a túa fiestra, malia o noxento formigón que hai tras ela.
Estimo tela cando escoito caer fóra chuzos de punta.
"Que se fodan", penso baixo as mantas.
E cando me ergo, pásolle os dedos e xa sei se orballou.
Meu cuarto, meu cálido recuncho;
e non habitación, que se vexa que algo aprendín este ano.
Quéixome do que te rodea, pero cando marche, hei ter saudade de ti.
lunes, 4 de febrero de 2013
Soñar, desexar, atreverse
"Locos por quemarse en el volcán bajo tu vientre. Locos por ahogarse en el mar de tu saliva."
jueves, 17 de enero de 2013
Ti es quen fai soar as cordas
| Abrollando | Flickr |
Cantas cancións falan de ti, e cantas de outras. E nunca saberás cales che corresponden. Quizais, nin sequera cheges a escoitalas. Quizais, nunca saian fóra do meu cuarto e dunha guitarra. Sexa como sexa, grazas (ou maldita sexas) por ser o xermolo do que agroman algunhas das miñas cancións.
sábado, 5 de enero de 2013
Lembranzas
| Foto: Lauracalvinho |
Se souberas a de veces que me lembro de ti chamaríasme enfermo. E con razón.
lunes, 31 de diciembre de 2012
Adeus, 2012
Adeus, 2012. Ano da miña segunda (e derradeira, quizais)
maioría de idade. Como aquilo que din de que nos últimos 100 anos avanzamos
máis que no resto da humanidade, isto é algo parecido. Parece mentira que só
pasase un ano nestes últimos 12 meses. Vivín en tódolos sentidos posíbeis. A
crise económica non foi máis que gasoil para o maxín e gasolina para o sangue.
Rabia condensada en ideas que se achegan á madurez que nunca tiveron, e ideas
que naceron da madurez que a rabia outorgou. Se hai un ano tiña claro de que
estaba máis orgulloso do conseguido na vida, agora dubídoo. Esa é a demostración
final de que foi un bo ano.
Son máis feliz do que o fun nunca, creo. Xa sabía que a
felicidade se atopa nun, pero para chegar a ela deixei de lado as présas para
pór en valor o camiño máis interesante. Aprendín que o medo se supera
enfrontándose a el, inda que non sempre sexa fácil. Con tres collóns, como
dicía o outro. A timidez non leva a ningures, pero é necesaria. Aprendín que a
vida é fodida pero non lle din máis voltas. Ante a dor, respondo “Frío como una
llave”. Antes os nervios alleos, respondo con tranquilidade. Ante os propios,
como podo. “Sempre adiante”, é a única filosofía válida.
Tamén coñecín. Moito. Xente e lugares. Viaxar é incríbel e
necesario. A soidade é preciosa en moitos momentos, pero as persoas tamén. O
2012 presentoume xente marabillosa que xamais esquecerei, ó igual que pailáns
que xa non recordo. Queda o bo, xente que me ensinou a ser eu sen querer. Queda
tamén xente que só fica comigo mentres durmo, pero que é suficiente.
Esta viaxe que leva o tren do azar no que montei hai 20 anos
fará mañá unha nova parada non facultativa que rematará cun dos traxectos máis
interesantes do que leva a viaxe. Ademais, foi coa mellor compaña e de grandes vistas.
Espero que, a partir de agora, se alguén toma asento ó meu carón teña bo
coidado cos soños que aí viaxan.
“Medrei, grazas a aquilo e a algo máis”
sábado, 29 de diciembre de 2012
viernes, 14 de diciembre de 2012
miércoles, 12 de diciembre de 2012
As cores do outono
| Viñao | Flickr |
Non podo evitar pasear por un parque e non lembrar o ben que sentan as cores do outono sobre a túa pel.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)