domingo, 8 de junio de 2014
Hai quen se parece a todos, tamén a ti
Esas cellas levantadas co sorriso... nena, nunca as poderei olvidar. Hai quen se parece a todos (tamén a ti), pero pintan os dedos doutra cor.
martes, 20 de mayo de 2014
Aldea galega
![]() |
| Covelo | Gabriel González |
Tanto quixeches espremer a vida que case é a vida quen te espremeu a ti. Pero dentro de un mes... ai! Quen te verá! Será bo momento, quizais, para descubrir dunha vez por todas quen decide a túa vida? O importante ou o urxente? Ah, e lembra que prometiches á túa aldea que irías facerlle unhas cantas visitas (ás 3!). Que case seguro non se mova de alí, pero agora sabes que che pode dar máis do que despois serás quen de recordar. Aprovéitao, paspán.
viernes, 2 de mayo de 2014
Os da gasolineira
![]() |
| Iluminación Philips en la Gasolinera Shell (Guadalajara) | Philips Communications |
Ao pasar por diante da gasolineira vinos tras a fiestra do
coche. Sempre están alí, incluso cando xa pechou. Observeinos distante, como se de ningunha forma puidese ser eu o que levaba aquela gorra, como se
non tivésemos nacido no mesmo lugar. Envexeinos menos que noutras ocasións,
porque son bastante feliz. O seu falar e rir despreocupado non me produciu
moito incordio no meu interior: xa teño asumido que os camiños das nosas vidas foron
moi distintos. Eles están aí, rindo e vacilando ata as 4 da mañá. E eu? Con
estrés constante por non saber organizar o meu tempo. Lembro que os anos que
compartín con algún deles foron os mellores, aínda que nunca deixasen de considerarme un mocoso e eu non acabara de confiarme tampouco.
A algúns coñézoos, a outros non. Algúns coñécenme e saúdanme
educadamente, outros non. Decidín dedicarlles isto porque no fondo me gustaría estar alí con eles, despreocupado. Non comparto as súas afeccións en
absoluto, aínda que algún cariño especial lle teño a certa música electrónica
por conta deles. O que puiden ter sido... e non fun. A morriña do non vivido,
como digo eu. Varios camiños dispares que fan que cada vez que regreso os
envexe un pouquichiño e non me sinta de todo cómodo no lugar. Lugar que, sen
dúbida, é o máis fermoso do mundo. Chova ou trone, éo. E logo din da morriña...
como imos irnos a 7000 quilómetros se sen ter saído da provincia xa nos entra a
lágrima fácil ao volver? Pero bueno, onte paseino menos mal que noutras ocasións,
porque son bastante feliz.
miércoles, 16 de abril de 2014
Eu e as cancións (un proxecto de cantautor)
É tarde e estou lixeiramente agobiado dende hai unhas semanas e incluso meses. Estou repasando algúns dos temas que compuxen. Case todos son lentos, perfectos para unha noite máis de morriña. Hainos que me parecen realmente bos, pero non son obxectivo: coñezo a historia que hai detrás deses acordes e a canción queda relegada a ser un acceso directo ás lembranzas dos meus miolos. Probablemente é nas cancións onde máis sincero e máis mentireiro fun, ambas a un tempo, na miña vida. A maxia da arte, supoño.
Encántame ver e notar a evolución, o paso do tempo, contextualizar a creación das cancións na miña vida. Algunhas correspóndense con épocas moi felices, outras con épocas tristes. As máis recentes están desubicadas nese sentido. Iso si, pensaba que no que vai de 2014 non tivera tempo para min e acábome de sorprender con varios temas case completos. Outros, porén, levan xa varias versións dende que os escribín por primeira vez e aínda non cheguei ó estribillo. Déixoos para máis adiante.
Algún día amosarei algúns deles ó mundo. Outros nunca sairán de min e deste disco duro. No mellor dos casos, poderá velos (oílos) algunha boa amizade ante a que non me importe espir a miña alma. Porque canto mal, pero canto para min. Permítomo. Nas cancións máis vellas tiña voz de pito, mais quero crer que agora xa son un home feito e dereito (e iso que daquela xa conducía máis que o tractor, manda carallo). Pero, en fin, antes de ensinalas hai que ensaialas... facer ben as cousas. Cústame moito, non sei se chegarei a dar un concerto algún día. Pero gravarei un disco, iso si que non o dubido un pelo. E, polo de agora, terei dúas colaboracións de luxo. Ela e el nin me coñecen, pero estou seguro de que colaborarán gustosos. Malia todo, tocar cancións tristes gústame. Ponme ben contento, aínda que barruce e non sorría.
jueves, 3 de abril de 2014
A camiña e mais ela
![]() |
| Bedding | Quinn Dombrowski |
Mágoa que moitas sexan tigo... ó igual que migo: non o dubido.
sábado, 1 de marzo de 2014
Piso compartido
| bañera contax g1 | cheeseburguer720 |
O bote do champú aberto, a tapa do sal sen pechar;
sen sabelo, pouco a pouco, sementache-a tempestá.
lunes, 24 de febrero de 2014
Outra noite de morriña
...na que me apetecía escribir aquí máis non tiña nada que dicir. Morriña da azul e branca do mar, da verde e marrón da terra, da amarela da area e das claras e vellas estradas mal asfaltadas ("pistas", que lles chaman). De camiñar dende a carrALÍ ata valcACOLÁ con miña MAI e meus IRMAUS. Pf, isto si que é SER HUMANO. Marcho a deixar de selo un pouco mentres estudo. Ata cando volva a sentirme humano.
Se non vou a Bueu nun bou, non vou, nin inda que baixen buscarme os anxos. E para estimular ós sentidos a cumplir a súa función, proben con isto.
sábado, 25 de enero de 2014
Morriña
| Cielo empedrado | POESÍA SALVAXE ferrol |
Vaia morriña máis tonta, pf. Vendo a orla dunha coñecida, comecei a ler nomes de vilas e concellos do máis diverso, especialmente da miña provincia. Case sen darme conta, tiña as bágoas asomando, e un esbozo de sorriso nos beizos.
Manda carallo o que é botar de menos o que nunca tiveches, xa o comentei nalgunha ocasión. Parece mentira que os nomes de lugares nos que nunca estiveches poidan evocar historias e infancias tan diferentes á túa. Se me veu a morriña lendo nomes de pequenos concellos próximos ó meu lugar de nacemento foi, simplemente, por aquel imposible de "e como sería eu se non me tivese mudado á cidade ós 6 anos?". O que me fixo ser como son, quitoume tamén de ser como sería.
martes, 14 de enero de 2014
Adeus 2013 (14 días despois)
Con máis retraso que nunca dispóñome a escribir o memorando do 2013. Fágome cargo desta tardanza que non puiden/souben xestionar mellor e que me obriga a afrontar este repaso con menor obxectividade (14 días menos de obxectividade).
Se o 2012 foi grande, o 2013 foi mellor. Un ano máis maior, un ano máis maduro. Comecei a mediados do 2012 unha nova vida (temporal), que explotei totalmente no 2013. Despexei (obrigueime a despexar) dúbidas básicas sobre min mesmo e sobre o que pensaba. Ó final determinei que ofuscarme con un lugar non me levaría a ningures. Aceptei o destino que me tocou e, aínda con certa morriña do que non puido ser (algo que segue a removerme o interior cando me paro a pensalo), penso que é o mellor. Aprendín a ver o bo do que teño e dende ese momento foi todo moito máis fácil. Coñecín xente abraiante, e, aínda tendo os nosos máis e os nosos menos, confirmei novos amigos deses nos que confías plenamente. O único que podo dicir é que grazas por animarme a perder medos e por sacarme da casa. "Siempre seremos amigos!", como rezamos durante os últimos meses do 2013 a conta dun traballo que tivemos que facer. Pois iso.
martes, 31 de diciembre de 2013
Que pasen cosas
Pasaron cousas. E a historia ás veces repítese. Ela é el, el é ela. Non somos un, aínda que a momentos o pareza. Inda así, serán futuros bos recordos, asegúroche que merecerá a pena. E, se todo falla... unha pizca de rock'n'roll.
Llevamos ya más de un mes, yo tengo problemas
pero se hacen pequeños si estoy con ella.
Confiesa que no le van los rollos modernos.
Pero me advierte que no me crea que esto va en serio.
[...]
Acabaremos mal, pero eres tan hermosa
que aquí lo normal es que pasen cosas.
Extracto de "Que pasen cosas", Rafa Pons
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



