lunes, 31 de diciembre de 2012

Adeus, 2012


Adeus, 2012. Ano da miña segunda (e derradeira, quizais) maioría de idade. Como aquilo que din de que nos últimos 100 anos avanzamos máis que no resto da humanidade, isto é algo parecido. Parece mentira que só pasase un ano nestes últimos 12 meses. Vivín en tódolos sentidos posíbeis. A crise económica non foi máis que gasoil para o maxín e gasolina para o sangue. Rabia condensada en ideas que se achegan á madurez que nunca tiveron, e ideas que naceron da madurez que a rabia outorgou. Se hai un ano tiña claro de que estaba máis orgulloso do conseguido na vida, agora dubídoo. Esa é a demostración final de que foi un bo ano.

Son máis feliz do que o fun nunca, creo. Xa sabía que a felicidade se atopa nun, pero para chegar a ela deixei de lado as présas para pór en valor o camiño máis interesante. Aprendín que o medo se supera enfrontándose a el, inda que non sempre sexa fácil. Con tres collóns, como dicía o outro. A timidez non leva a ningures, pero é necesaria. Aprendín que a vida é fodida pero non lle din máis voltas. Ante a dor, respondo “Frío como una llave”. Antes os nervios alleos, respondo con tranquilidade. Ante os propios, como podo. “Sempre adiante”, é a única filosofía válida.

Tamén coñecín. Moito. Xente e lugares. Viaxar é incríbel e necesario. A soidade é preciosa en moitos momentos, pero as persoas tamén. O 2012 presentoume xente marabillosa que xamais esquecerei, ó igual que pailáns que xa non recordo. Queda o bo, xente que me ensinou a ser eu sen querer. Queda tamén xente que só fica comigo mentres durmo, pero que é suficiente.

Esta viaxe que leva o tren do azar no que montei hai 20 anos fará mañá unha nova parada non facultativa que rematará cun dos traxectos máis interesantes do que leva a viaxe. Ademais, foi coa mellor compaña e de grandes vistas. Espero que, a partir de agora, se alguén toma asento ó meu carón teña bo coidado cos soños que aí viaxan.

“Medrei, grazas a aquilo e a algo máis”

sábado, 29 de diciembre de 2012

Soños incontrolábeis

Foto: Douglas Brown



...Que algún empresario me esperte
que estou farto de soñarte...

viernes, 14 de diciembre de 2012

Realidade

Que se espeta brutalmente ás oito e media na túa faciana.

miércoles, 12 de diciembre de 2012

As cores do outono

OUTONO DENDE A MIÑA VENTANA 2
Viñao | Flickr

Non podo evitar pasear por un parque e non lembrar o ben que sentan as cores do outono sobre a túa pel.