lunes, 15 de julio de 2013

Fluzo - Mundo verde


Soñei con plantas de lume esta noite, querían arder e desface-lo mundo verde, coma un par de merda que choraron o meu sinte, sentía todo tan distinto do diferente. Fóra é todo triste, canciós do cowboy vasco puñéronme a pensar por que todo era tan seco. Que tendes morriña cando mercade-lo tabaco? Se todo é tan guapo, o meu cu é un espello.

E moitos preas e ignorantes falan doutros lugares onde chove viño e vives nun orgasmo continuo; o brillo das luces cegou os seus ollos... eles son os que non teñen collós. E mollo os pés tódolos días e as flemas son os meus taras, expandindo os meus conceptos coma un anxo que cuspe merda. A herba orballada calmará os nosos calcañares antes, que todos somos compañeiros de viaxe. Ninguén pode comprar o aire, todo estará ardendo, non quero moverme ata que todo caia e morra decadentemente. Pasar por riba da morralla, pisar a bosta moderna que cagan por riba nosa homes de traxe elegante. McDonalds ou Burger King, escolle o teu futuro; están por todas partes, queren comelo todo hoxe que aínda anda a dispacio, que podemos desfrutar do que nos regala a terra. Respira o mundo verde, non remuíños de area. Que chova, hostia, que chova! Eu son feliz sendo triste.

Stutter, vente pra eiquí, mundo verde
Stutter, vente pra eiquí, mundo verde
Stutter, vente pra eiquí, mundo verde
Stutter, vente pra eiquí, mundo verde

Hai tempo que ta vendido, pero eu non sei que pasa que a xente namais que chora cando veñen as desgracias. Nós non comezamos isto, bótalle as culpas aos fachas; somos outra peza da máquina, choiantes da esquina, furando na mina, fumando ducados no mundo mollado en gasolina. Sarandongo, apura que mañá éche domingo, e os teus fillos escacharán con letras como esta. Imos enchernos de churrasco antes que os porcos non teñan cabeza, con viño do país, da casa dos nosos pais. Cando o mal ataca na raís, xa vai o carballo pra o carallo. O sal da vida estache no detalle. Que buscas? Ti que podes, que fas, que non te moves? Non sei que lle ves a eses lugares... o que sae cada noite nos teus soños, mundo verde. Apura antes que sexa tarde.

Stutter, vente pra eiquí, mundo verde
Stutter, vente pra eiquí, mundo verde
Stutter, vente pra eiquí, mundo verde
Stutter, vente pra eiquí, mundo verde