lunes, 18 de febrero de 2013

Meu cuarto, meu cálido recuncho

Strange Dream
Strange Dream | Shari Chankhamma

Meu cuarto, meu cálido recuncho,
gústasme inda así, sen calefacción.

Pago por ti, gustosamente,
por terte segura e aberta,
fechadura que non precisa de ferrollo.
Os que pasan diante respectante, malia querer botarche o ollo.

Recuberto de pósteres, pequeno de máis.
Ordenado de cotío, por necesidade.
Gardas pensamentos de forma estritamente confidencial,
e bailes, e sexo.

Meu cuarto, meu cálido recuncho,
es o motivo de non acadar a loucura, por ti manteño a cordura.

Non desvelas murmurios nin acordes baixiños,
mantés o meu segredo.
Posúes soños e pesadelos, e repártesmos cada noite.
Posúes sono e cansazo, e repártesmo paseniño se fico no teu interior.

Estimo ter a túa fiestra, malia o noxento formigón que hai tras ela.
Estimo tela cando escoito caer fóra chuzos de punta.
"Que se fodan", penso baixo as mantas.
E cando me ergo, pásolle os dedos e xa sei se orballou.

Meu cuarto, meu cálido recuncho;
e non habitación, que se vexa  que algo aprendín este ano.
Quéixome do que te rodea, pero cando marche, hei ter saudade de ti.

lunes, 4 de febrero de 2013

Soñar, desexar, atreverse


"Locos por quemarse en el volcán bajo tu vientre. Locos por ahogarse en el mar de tu saliva."