martes, 23 de noviembre de 2010

Non hai outro xeito

Para darme ti a min hostias has ter que pasar antes polo seminario
Eu, nun momento de inspiración na ducha

jueves, 18 de noviembre de 2010

Se mo pides así...

 Podo tocarche as tetas? Porfiiiis

E dio con cara de cordeiro degolado... (Imaxe non apta para xente sensible, avisados estades).

lunes, 15 de noviembre de 2010

Manifesto

A xente foi creada para ser amada
As cousas foron creadas para ser utilizadas.
A razón pola cal o mundo está sumido no caos
é porque as cousas son amadas e a xente é utilizada.

lunes, 8 de noviembre de 2010

Ben sei que ti me queres

Clic na imaxe para descargar o CD de balde
Ben sei que ti me queres... ben sei que ti me queres, pero quéresme mal!

Cando camiño pola rúa, normalmente vou inmiscido nos meus pensamentos e moitas veces acabo tatareando unha canción. Hoxe ía pensando na lingua e nunha posible tradución do verbo querer ao castelán, pero é complexo. En castelán non podes querer mal, mais en galego si.
Hai que ver qué xenio e maldade temos os galegos!

sábado, 6 de noviembre de 2010

A vida (e as relacións)

A vida é coma un campo de batalla, aínda que nunca ten fin: É preciso loitar, pero ao fin e ao cabo imos morrer. Só intentaremos que o noso bando e as nosas crenzas perduren no tempo e sexan axudadas por nós.
O resto de persoas forman parte do exercito. Non todos son facilmente identificables no referente ao seu bando, e debemos procurar andar sempre atentos.

Irlanda 2010
Moitos dos nosos compañeiros caerán no camiño, perderémolos de vista, fallarannos en batallas clave e ata poida que nos toque loitar contra eles noutro tempo. Pero iso non debe debilitarnos.
Saímos coa batalla perdida e sen nada que perder, polo que toca ir a por todas. Isto non significa dálo todo por perdido ou esquecernos de que debemos preparar o futuro. Debemos ter coidado a cada paso que damos de non deixar pegadas nos prexudiquen máis adiante, e debemos procurar ser honestos e legais cos nosos compañeiros.
De tódolos xeitos, cada un ten a súa estratexia nunha batalla, pero eu penso que isto é máis ou menos así...

viernes, 5 de noviembre de 2010

O pobre Marcelo...

 Probe marceliño... :(

miércoles, 3 de noviembre de 2010

Mau morta

Mau morta, mau morta
tes os fillos á porta
non lles deas de comer
mándaos traballar á horta
Popular

lunes, 1 de noviembre de 2010

A vida

A vida ás veces lévanos onda non queremos ir. É coma a raíz cando atopa unha pedra no camiño: non pode furala e ten que dar un rodeo, pero seguirá medrando, iso é o que importa.

domingo, 31 de octubre de 2010

Vendendo o favor

Só por comentar isto, terás a posibilidade de ler todas as entradas deste blog e de tamén de comentar nelas, 
TOTALMENTE GRATIS!!

viernes, 29 de octubre de 2010

Boa pregunta...


Neno malcriado do carallo!

Malcriated boy of the penis!
Estou bromeando, ata o tradutor de google dá mellores resultados!

lunes, 25 de octubre de 2010

Get Home, un curioso xogo en flash

Son moitas as cousas que cada día me sacan un sorriso (poida que non tantas, pero non me queixo). Pero este xoguiño arrancoume o sorriso máis inocente e parvo do día, posiblemente.

Si, ata Javier Gómez Noya estaría encantado de xogalo

Estouvos a falar de Get Home, un xogo arcade flash no que o obxectivo do noso personaxe é chegar á casa. Aínda así, temos que ter en conta que debemos de facelo antes de que remate a canción. Pode parecer tarefa sinxela (e abofé é que non é tampouco un xogo de gran dificultade), pero fainos caer no parva ou obvia que é a nosa mente ás veces. Xogádeo e xa me diredes. Non é unha obra de arte, pero non deixa de ser curioso e sorprendente. Polo menos, para min.

Isto é tráfico

Atopei hoxe un vídeo que me fixo moita gracia, e, polo que din, chegou a ser moi popular no youtube. Eu o certo é que aínda que vexa as visitas que ten, non son quen de saber se son moitas ou poucas. Para min son só números con cada vez menor valor.
O vídeo é un sketch do programa de Roberto Vilar, Land Rober, co que está deixando claro que Tonecho tamén é quen de levar o peso de todo un programa e que vai pola segunda tempada.




Trátase dun tema burlón do que posiblemente foi a canción deste verán 2010: o Waka Waka de Shakira (tema do mundial de Sudáfrica). Déixovos a letra a letra despois do salto

jueves, 21 de octubre de 2010

Os feos

Os feos somos moi importantes: sen nós, nunca saberiades quen son os guapos.

lunes, 18 de octubre de 2010

Ola!

Boa noite!

Todo o mundo sabe que cando un inicia un blog ten que haber unha entrada que o "desvirgue". O certo é que hoxe tiven abondo en pensar nun nome para isto, que tan só é un xeito de liberar pensamentos e presentarllos ao mundo (a quen os queira ler).


Xustificarei o título, como ven sendo tradición na meirande parte dos blogues que eu coñezo: Vento mareiro é o vento do mar, a brisa fresca que penetra cara o interior. É un aire que che dá a vida e che enche o peito de vigor. Isto non intenta ser iso, posto que é imposible, só que era necesario escoller un nome e pareceume axeitado. A dirección sen o guión (posto que isto é http://vento-mareiro.blogspot.com) estaba ocupada e parece ser de alguén que coma min sentiu a gana de abrir un blogue, mais leva 5 anos sen pasarse por el, probablemente. Podedes comprobalo aquí.

Ala, ata a seguinte entrada!