lunes, 31 de diciembre de 2012

Adeus, 2012


Adeus, 2012. Ano da miña segunda (e derradeira, quizais) maioría de idade. Como aquilo que din de que nos últimos 100 anos avanzamos máis que no resto da humanidade, isto é algo parecido. Parece mentira que só pasase un ano nestes últimos 12 meses. Vivín en tódolos sentidos posíbeis. A crise económica non foi máis que gasoil para o maxín e gasolina para o sangue. Rabia condensada en ideas que se achegan á madurez que nunca tiveron, e ideas que naceron da madurez que a rabia outorgou. Se hai un ano tiña claro de que estaba máis orgulloso do conseguido na vida, agora dubídoo. Esa é a demostración final de que foi un bo ano.

Son máis feliz do que o fun nunca, creo. Xa sabía que a felicidade se atopa nun, pero para chegar a ela deixei de lado as présas para pór en valor o camiño máis interesante. Aprendín que o medo se supera enfrontándose a el, inda que non sempre sexa fácil. Con tres collóns, como dicía o outro. A timidez non leva a ningures, pero é necesaria. Aprendín que a vida é fodida pero non lle din máis voltas. Ante a dor, respondo “Frío como una llave”. Antes os nervios alleos, respondo con tranquilidade. Ante os propios, como podo. “Sempre adiante”, é a única filosofía válida.

Tamén coñecín. Moito. Xente e lugares. Viaxar é incríbel e necesario. A soidade é preciosa en moitos momentos, pero as persoas tamén. O 2012 presentoume xente marabillosa que xamais esquecerei, ó igual que pailáns que xa non recordo. Queda o bo, xente que me ensinou a ser eu sen querer. Queda tamén xente que só fica comigo mentres durmo, pero que é suficiente.

Esta viaxe que leva o tren do azar no que montei hai 20 anos fará mañá unha nova parada non facultativa que rematará cun dos traxectos máis interesantes do que leva a viaxe. Ademais, foi coa mellor compaña e de grandes vistas. Espero que, a partir de agora, se alguén toma asento ó meu carón teña bo coidado cos soños que aí viaxan.

“Medrei, grazas a aquilo e a algo máis”

sábado, 29 de diciembre de 2012

Soños incontrolábeis

Foto: Douglas Brown



...Que algún empresario me esperte
que estou farto de soñarte...

viernes, 14 de diciembre de 2012

Realidade

Que se espeta brutalmente ás oito e media na túa faciana.

miércoles, 12 de diciembre de 2012

As cores do outono

OUTONO DENDE A MIÑA VENTANA 2
Viñao | Flickr

Non podo evitar pasear por un parque e non lembrar o ben que sentan as cores do outono sobre a túa pel.

domingo, 21 de octubre de 2012

Eleccións galegas 2012

Imaxe orixinal

Esto son un galego, un inglés e un francés. Di o inglés "En London, tenemos el Big Ben, con 98 metros de altura. A ver quen o pasa polo cu". Nisto que di o francés "Pues en Paguís tenemos la Togue Eiffel, con más de 300 metgos de altuga. A veg quen a pasa polo cu". Nisto que vai o galego e vota ao PP.

Rock Bravú - A paixón que queima o peito

Os Rastreros


"Dos pinchos e das flores do toxo máis agreste, 

do monte máis salvaxe. 
Da calor e dos aromas da augardente e da queimada,
que teiman do orballo e das xeadas nos osos.
Dos aquelarres en covas, en noites perdidas,
con bruxas e trasnos danzando por riba do lume.
Das pedras nos balados, nas cabezas e nas gadañas,
crabuñando o asubío de algún cantar popular.
Das guitarras compradas coa primeira paga do paro
ou da economía somerxida.

Do tabaco de batea adulterado con aromas tropicais. 


Do amor, do odio, da frustración
ou dunha borracheira de vatios nun alambique clandestino. 


De todos eses sitios e de moitos máis,
naceu, cun aturuxo na boca, este rock tan noso... SEN CAPAR"

Manifesto Bravú

miércoles, 26 de septiembre de 2012

Grr...

Con una mirada...

Hoxe mandei unha mirada lasciva en broma e lembreime de ti en serio.
Bótote de menos.
Grr.

lunes, 17 de septiembre de 2012

Querer querer

Por sorte, neste preciso momento, non quero que me queiran; quero querer.

viernes, 24 de agosto de 2012

Melancolía

Melancolía

 - E se tropezo e non consigo chegar? Se resulta ser unha cagada?
 - Entón terás que voltar coa cabeza baixa.
 - ...Ou evito marchar con ela alta.
 - É unha opción, pero anulas a adrenalina. Se finalmente o consigues, non desfrutarás da recompensa. Vivir coa cabeza gacha é unha merda.
 - Vaia dilema...

lunes, 6 de agosto de 2012

Cousas sen as que non saio da casa

Te doy mis recuerdos.
- A carteira
- As chaves
- O móbil
- A túa lembranza

lunes, 23 de julio de 2012

Boa filosofía


Cando non podo estar con quen amointento amar a quen está comigo
Lois Pereiro

Lino aquí.

martes, 17 de julio de 2012

Amor e sangue en Chiapas


Ando á procura dunha ollada súa
que me confirme a fé que teño nela
e avanzo a cegas coa maior firmeza
noutra rebelión xusta que interna
nunha urxente esixencia de certezas
para este corazón revelde e zapatista
obrigado a loitar polo evidente
cunha serea furia
antiga e sabia  
Desde o amor que resiste ó que reprime
con ella por compaña como antes
ou eu só ben armado de nostalxias
deixareime invadir de sangue  maia
para que retorne á sua propia terra
ou consiga vivir outras mil vidas
en loita contra o mundo
se é preciso
crebándolle o pescozo
e desviando
á historia do seu curso
xunto coas mesmas víctimas
de sempre 

Lois Pereiro
Poesía última de amor e enfermidade

lunes, 25 de junio de 2012

A carne é débil!

"A carne é débil"... pensei eu cando me decatei de que a uña non era o único que estaba a cortar...

sábado, 23 de junio de 2012

Culpable


Um gato chamado Branquinho

Tés medo de non encontrar ao verdadeiro culpable?
Claro, é moito máis fácil botarlle a culpa a outro. Pénsao. É culpa súa realmente?
 - Claro, por que non?
Tés razón. Todo encaixa. A primeira impresión é que si. Pois para que indagar máis? Total, todo é branco ou negro, iso é algo que se sabe en todas partes.
Ou será que tés medo? A escala de grises informática conta usualmente con 256 tons. Imaxínao, pasamos de un a dous centos de posibles culpables. Uf. Iso require analizar moitos factores. Demasiados. Mellor deixámolo para mañá, como todo o complicado.
Ben, polo menos distraícheste. Xa non estás enfadada, verdade? Entón qué importa quen é o culpable? Total, xa non estás doída. Abur.

...Regresou. De novo, a culpa non pode ser túa.
 - A ver, todo indica que é el, para que darlle máis voltas?
Mira a miña camiseta, ves as letras brancas? Vaiamos a un pub bailar, e disme de que cor son as letras despois baixo aquela estraña luz violeta.
Non é por mal, de verdade. É por ti. Pénsao, ao mellor o culpable nin sequera existe. Ao mellor o problema está na túa cabeza. E non, non te estou a chamar demente. Pénsao. Poida que a percepción subxectiva che xogue unha mala pasada. Pénsao (unha vez máis). Ti tés as rendas da túa vida, é ou non é? Porque se non é así, vai sendo hora de que as tomes. Deixa de lamentarte a fai algo por arranxalo.

Só necesitas de ti para ser feliz. A que esperas?

Deixémonos de poesía... a vida é puta por veces, e non hai que facerlle. Intentar levalo o mellor posible e punto. Forza a quen a necesite. De corazón.

Cumpre unha nota: Isto non é válido para calquera solución. Se che fai sentir un pouco mal, lembra que a limpeza é dura pero merece a pena. Se cha pela o que les, pasa.

viernes, 22 de junio de 2012

David Bisbal cantando en galego [tema inédito]

Corrupsión na Esclavitud!!

Nota: o tema orixinal é dos Drinkin Tinto. Báixao aquí (Clic dereito -> Gardar ligazón).

miércoles, 20 de junio de 2012

Ruxe Ruxe - Adiante





O tempo pasa, e é que o tempo non para
Mentres arredo das nostalxias do pasado, pero
os cemiterios vanse enchendo de amoras
o corazón vai baleirando de amizades

E a cada paso, malia cada mal momento
Miro de erguerme, póñome en pé e berro

Adiante!
Adiante, sempre adiante!
Adiante!
Adiante, sempre adiante!
Adiante!
Adiante, sempre adiante!
Adiante! Adiante!

E ás veces son monstros enormes que dan medo
E ás veces son pantasmas que se meten dentro
Dentro de min, no máis profundo do cerebro
E roen todo, esgazan rompen, rachan todo

E a cada paso, malia cada mal momento
Miro de erguerme, póñome en pé e berro

Adiante! Adiante!
Adiante, sempre adiante!
Adiante! Adiante!
Adiante, sempre adiante!
Adiante! Adiante!
Adiante, sempre adiante!
Adiante! Adiante!

[Solo]

E ás veces cambia o tempo e dóeme todo
e caio ao chan e peto forte contra o fondo
E noqueado, collo aire nos currunchos
Limpo as feridas, paro a conta e loito

E a cada paso, malia cada mal momento
Miro de erguerme, póñome en pé e berro

Adiante! Adiante!
Adiante, sempre adiante!
Adiante! Adiante!
Adiante, sempre adiante!
Adiante! Adiante!
Adiante, sempre adiante!
Adiante! Adiante!
Adiante, sempre adiante!

martes, 19 de junio de 2012

Relacións

O segredo é que o compartes só con outra persoa. É dicir, a exclusividade. Ela merece para ti esa exclusividade e ti para ela. Cóntache cousas que non lle contaría a ninguén e ti necesitas saber que iso é así, que é en ti en quen máis confía. Qué carallo amor!

miércoles, 6 de junio de 2012

Imaxino a deshora




Estaba mexando (sen ser burdo nin banal, é o que hai) e escoitei unha gaita. A triste melodía fíxome recordar. Triste unha gaita? Non tal, pero si morriñenta. O caso é que en canto rematei a necesidade fisiolóxica, sentín a necesidade de saber quen compartía gustos tan non-comerciais comigo. Asomeime á fiestra e busquei. O entrañable son parecía provir da parte esquerda do andar de arriba. E alí se dirixiu a miña mirada. Unha ventá aberta e unhas antigas cortinas protexendo o cuarto. Pouco máis.

Imaxinei. Claro, imaxinei. Quen vive aí? Neste edificio hai de todo, dende estudantes a traballadores e xubilados. Quen carallo podía estar a ouvir ese CD que saíu fará un par de meses? Imaxinei. Dende logo, alguén da miña idade. Unha rapaza, seguramente. Seguramente? Non, está claro. De longo cabelo louro. Bu... qué guapa! (e a canción, tamén). Non só é un gran álbum, é unha declaración de intencións. Foder, buscando lonxe o que tiña ao ladiño. Pois nada, non imos deixalo pasar...

-          Hei!! Tremenda canción

Non debía tardar en asomarse. E cumpriu.

-          Ola! Está moi ben, si.
-          Algo tristeira, non si? Chámome Miguel.
-          Eu chámome ...
-          ..., bonito nome! (mentín; a quen lle gusta ...? Por favor, qué hortera!)
-          Grazas.
-          Pois eu tócoa. E esta canción na guitarra tamén (ou algo así, non recordo ben)
-          Eu canto e tócoa tamén. Cando queiras tócocha.
-          Mola, tocámola xuntos?
-          Vale!

Por desgraza, isto nunca chegou a transcender nin a cumprirse. Comezaba a cravar o cóbado no marco, e iso levoume a deixar de imaxinar.

Seguín alí, pero mirando ao horizonte. Non quería que se alguén se asomaba á xanela me collese mirando para ela! 

En fin, cousas de tímidos. O caso é que sentín a morriña da canción, pero tamén da vida. Mágoa non ter o valor de berrar a quen se atopase tras aquelas rancias cortinas sepia. Seguirei escoitando ese disco a soas mentres me evoca lembranzas non vividas. Imaxino.

sábado, 17 de marzo de 2012

Tempus Fugit

A beleza de algúns momentos reside na súa fugacidade... por sorte e por desgraza.

sábado, 3 de marzo de 2012

Zënzar - Caneando Ruainas (con letra e tradución)




Caneando Ruainas é o nome dun tema do disco "A Tribu", dos decanos do rock galego, Zënzar. Trátase dun tema escrito en barallete, xerga empregada polos afiadores no pasado para falaren sen seren entendidos polos demais.

A letra está copiada de oído, así que poida que teña algún fallo. A tradución realiceina a partires deste dicionario de barallete que atopei na rede. Non aparecen todas as palabras nin me aventurei demasiado coas traducións, prefiro que a complete alguén que saiba máis do tema (algún afiador na sala? Algún membro de Zënzar?). Porén, é sinxelo imaxinar as palabras que faltan (en negriña) e descifrar o significado da canción.

Actualización 24-10-15
Grazas aos comentarios de Alexandre Galiza nesta mesma publicación temos unha tradución máis completa :)


Zënzar - Caneando Ruainas
Caneando ruainas a voltas de tarazana
nun moro do meu maquino atopei unha belena

A súa garlea é dulzórreo, os seus míreus son o mar
Eu só che quero mizcar

Es mutila do varante pensa que te vou melar
Meu labreño é moi distinto do teu bato e lapetar

Apecataches que comenda ti quixeras esgueilar
Ti que eres miña naceira temonos que anibiar

E teu bato xa sospeita que ti te queres lascar
Avisou aos seus compinches que me tiñan que zoupar

A belba está nas grelas, vémonos no zagarral
Cando baixe a da gaurra témonos que camuzar

A súa garlia é dulzorreo, os seus míreos son o mar
Esmitila do barante pensa que te vou melar
Ti que eres miña nanceira, témonos que anubrar
avisou aos seus compinches que me tiñan que zoupar
E agora, imos coa tradución:


Zënzar - Camiñando polas rúas
Camiñando polas rúas a voltas de afiador
Nunha aldea do meu camiño atopei unha muller

A súa boca é azucre, os seus ollos son o mar
Eu só te quero bicar

Ti es a nena do alcalde, pensas que te vou roubar
O meu labor é moi distinto do do teu pai e do dos ladróns

Confesaches que comenda ti quixeras escapar
Ti que eres a miña ama temonos que esconder

E teu pai xa sospeita que ti queres fuxir
Avisou aos seus compinches que me tiñan que zoupar

A garda civil está nas grelas, vémonos na maciñeira
Cando baixe a lúa témonos que camuzar

A súa boca é azucre, os seus ollos son o mar
Eres nena do alcalde, pensas que te vou roubar
Ti que eres a miña ama temonos que esconder
avisou aos seus compinches que me tiñan que zoupar

lunes, 27 de febrero de 2012

Prudencia

...Prudente era inimigo de sentirse vivo...
Como dicía aquel poema...

viernes, 17 de febrero de 2012

Manifesto (anti)comunista

A miña vida non será moita cousa, pero é miña.

...Lo tengo todo teniendo nada...

domingo, 12 de febrero de 2012

Éche o que hai


Non demostrar os sentimentos non é bo de todo, mais coido que facelo tampouco. Non son eu moi aberto nese sentido, e ás veces pésame.
O que si que teño claro é que non mostrar os sentimentos malos moi a miúdo leva á frustración, e aínda por riba non fai avanzar apenas nada nese problema.
Tendo en conta isto, case que é mellor durmir mal dúas noites e vivir tranquilo dende entón que reprimir a rabia. Porén, eu non son capaz. Dáme medo non conseguir conciliar o sono. Cando teño problemas con alguén con caracter forte, teño que ceder eu, polo meu propio descanso. Senón non saco o tema da cabeza.
É inxusto, aínda por riba de que trago co que me boten, téñome que foder e sentirme frustrado. Caghiná...