martes, 26 de marzo de 2013

Sobre a estrea do Cine España, en Lugo


Isto é o que se puido ler no xornal lucense El Progreso sobre a inauguración do Cine España. Cómpre advertir que o nome inicial sería Cine Xolda, pero as forzas franquistas impuxeron aqueloutro nome, "moito máis patriótico". A información e o extracto están obtidos do libro "O Cine en Lugo, 1897-1977", de Fernando Arribas Arias.
"...la primera sección se celebró a las siete y media de la tarde, cuya recaudación fue entregada íntegra al Sr. Gobernador Civil para fines patrióticos.
La sala se veía muy concurrida, tanto en las localidades bajas como las altas.
El cine España está, dentro de la mayor sencillez, muy bien de presentación y tiene una gran cabina.
Toda la obra se ve magníficamente terminada, habiendo recibido ayer el arquitecto Sr. Maquieira muchas enhorabuenas, así como la Empresa. Por nuestra parte, se la reiteramos a todos con efusión.
En la función inaugural hubo de pasarse en primer término un cristal con la cruz de Santiago y la inscripción «¡Viva España!». En este momento se oyeron muchos aplausos.
Luego se exhibió Romance Portugués, película magnífica en fotografía y en la que se presentan las típicas costumbres del campo de la vecina y acogedora nación por la que hoy España entera siente una desbordante simpatía. El «film» gustó muchísimo a la numerosa concurrencia, que apreció satisfecha las buenas condiciones del aparato proyector «Erko Arnós» con que cuenta este salón..."
 El Progreso, 22-XI-1936

miércoles, 20 de marzo de 2013

Inmóbil

Alí estaba eu, inmobilizado, consciente de ter chegado a aquela situación por falta de previsión. Hai quen atribúe o refrán “xente nova e leña verde, todo é fume” a este tipo de cousas: actuar con rapidez, sen pensar. A miña situación non era sinxela, pero debía facer algo canto antes. É incrible a de cousas que se che pasan pola cabeza nese momento: só un par de horas antes era un home perfectamente libre, un rapaz máis nesta cidade. Porén, naquel momento, estaba nunha calella sen saída, nun labirinto do que é imposible saír con dignidade, facendo as cousas ben. Era máis consciente que nunca de que, malia non estar preso a onde estaba sentado, levantarme non era unha opción válida, as consecuencias poderían ser nefastas.

Pensei berrar, pero sería en van: a cavilla estaba botada por dentro, e é inútil intentar abrilo dende fóra. Ademais, non quería que, de haber alguén naquel antigo edificio, me visen en tan deplorable estado. Sei ben que é puro orgullo, pero o caso é que preferín quedar alí antes que perder a miña dignidade. E non me arrepinto. Se ledes isto é porque, grazas ó enxeño, logrei saír íntegro daquela situación. E é que tampouco se trabuca moito aqueloutra frase feita que fala de “ser máis listo que a fame”, posto que ata que non existe a verdadeira necesidade, a cabeza non rende ó 100%.

Como conseguir fuxín daquela endiañada situación é un segredo que levarei á tumba. Iso si, déixovos un consello: antes de ir cagar, comprobade que inda queda papel!!

miércoles, 6 de marzo de 2013

Descoñecida,

Gustaríame coñecerte na rúa, un día calquera, porque é cando agasallas a túa máis fermosa mirada: a sincera.

sábado, 2 de marzo de 2013

Comprensible

understanding 21
understanding 21 | kruzul

Achégaste. Tremo.
Sorrisme. Tremo.
Un agarimo? Tremo.
Aloumíñasme. Tremo.
Buff... bícasme. Tremo.
Síntote. Tremo.
Quérote... tremes.

(hai xa tempo)