lunes, 25 de junio de 2012

A carne é débil!

"A carne é débil"... pensei eu cando me decatei de que a uña non era o único que estaba a cortar...

sábado, 23 de junio de 2012

Culpable


Um gato chamado Branquinho

Tés medo de non encontrar ao verdadeiro culpable?
Claro, é moito máis fácil botarlle a culpa a outro. Pénsao. É culpa súa realmente?
 - Claro, por que non?
Tés razón. Todo encaixa. A primeira impresión é que si. Pois para que indagar máis? Total, todo é branco ou negro, iso é algo que se sabe en todas partes.
Ou será que tés medo? A escala de grises informática conta usualmente con 256 tons. Imaxínao, pasamos de un a dous centos de posibles culpables. Uf. Iso require analizar moitos factores. Demasiados. Mellor deixámolo para mañá, como todo o complicado.
Ben, polo menos distraícheste. Xa non estás enfadada, verdade? Entón qué importa quen é o culpable? Total, xa non estás doída. Abur.

...Regresou. De novo, a culpa non pode ser túa.
 - A ver, todo indica que é el, para que darlle máis voltas?
Mira a miña camiseta, ves as letras brancas? Vaiamos a un pub bailar, e disme de que cor son as letras despois baixo aquela estraña luz violeta.
Non é por mal, de verdade. É por ti. Pénsao, ao mellor o culpable nin sequera existe. Ao mellor o problema está na túa cabeza. E non, non te estou a chamar demente. Pénsao. Poida que a percepción subxectiva che xogue unha mala pasada. Pénsao (unha vez máis). Ti tés as rendas da túa vida, é ou non é? Porque se non é así, vai sendo hora de que as tomes. Deixa de lamentarte a fai algo por arranxalo.

Só necesitas de ti para ser feliz. A que esperas?

Deixémonos de poesía... a vida é puta por veces, e non hai que facerlle. Intentar levalo o mellor posible e punto. Forza a quen a necesite. De corazón.

Cumpre unha nota: Isto non é válido para calquera solución. Se che fai sentir un pouco mal, lembra que a limpeza é dura pero merece a pena. Se cha pela o que les, pasa.

viernes, 22 de junio de 2012

David Bisbal cantando en galego [tema inédito]

Corrupsión na Esclavitud!!

Nota: o tema orixinal é dos Drinkin Tinto. Báixao aquí (Clic dereito -> Gardar ligazón).

miércoles, 20 de junio de 2012

Ruxe Ruxe - Adiante





O tempo pasa, e é que o tempo non para
Mentres arredo das nostalxias do pasado, pero
os cemiterios vanse enchendo de amoras
o corazón vai baleirando de amizades

E a cada paso, malia cada mal momento
Miro de erguerme, póñome en pé e berro

Adiante!
Adiante, sempre adiante!
Adiante!
Adiante, sempre adiante!
Adiante!
Adiante, sempre adiante!
Adiante! Adiante!

E ás veces son monstros enormes que dan medo
E ás veces son pantasmas que se meten dentro
Dentro de min, no máis profundo do cerebro
E roen todo, esgazan rompen, rachan todo

E a cada paso, malia cada mal momento
Miro de erguerme, póñome en pé e berro

Adiante! Adiante!
Adiante, sempre adiante!
Adiante! Adiante!
Adiante, sempre adiante!
Adiante! Adiante!
Adiante, sempre adiante!
Adiante! Adiante!

[Solo]

E ás veces cambia o tempo e dóeme todo
e caio ao chan e peto forte contra o fondo
E noqueado, collo aire nos currunchos
Limpo as feridas, paro a conta e loito

E a cada paso, malia cada mal momento
Miro de erguerme, póñome en pé e berro

Adiante! Adiante!
Adiante, sempre adiante!
Adiante! Adiante!
Adiante, sempre adiante!
Adiante! Adiante!
Adiante, sempre adiante!
Adiante! Adiante!
Adiante, sempre adiante!

martes, 19 de junio de 2012

Relacións

O segredo é que o compartes só con outra persoa. É dicir, a exclusividade. Ela merece para ti esa exclusividade e ti para ela. Cóntache cousas que non lle contaría a ninguén e ti necesitas saber que iso é así, que é en ti en quen máis confía. Qué carallo amor!

miércoles, 6 de junio de 2012

Imaxino a deshora




Estaba mexando (sen ser burdo nin banal, é o que hai) e escoitei unha gaita. A triste melodía fíxome recordar. Triste unha gaita? Non tal, pero si morriñenta. O caso é que en canto rematei a necesidade fisiolóxica, sentín a necesidade de saber quen compartía gustos tan non-comerciais comigo. Asomeime á fiestra e busquei. O entrañable son parecía provir da parte esquerda do andar de arriba. E alí se dirixiu a miña mirada. Unha ventá aberta e unhas antigas cortinas protexendo o cuarto. Pouco máis.

Imaxinei. Claro, imaxinei. Quen vive aí? Neste edificio hai de todo, dende estudantes a traballadores e xubilados. Quen carallo podía estar a ouvir ese CD que saíu fará un par de meses? Imaxinei. Dende logo, alguén da miña idade. Unha rapaza, seguramente. Seguramente? Non, está claro. De longo cabelo louro. Bu... qué guapa! (e a canción, tamén). Non só é un gran álbum, é unha declaración de intencións. Foder, buscando lonxe o que tiña ao ladiño. Pois nada, non imos deixalo pasar...

-          Hei!! Tremenda canción

Non debía tardar en asomarse. E cumpriu.

-          Ola! Está moi ben, si.
-          Algo tristeira, non si? Chámome Miguel.
-          Eu chámome ...
-          ..., bonito nome! (mentín; a quen lle gusta ...? Por favor, qué hortera!)
-          Grazas.
-          Pois eu tócoa. E esta canción na guitarra tamén (ou algo así, non recordo ben)
-          Eu canto e tócoa tamén. Cando queiras tócocha.
-          Mola, tocámola xuntos?
-          Vale!

Por desgraza, isto nunca chegou a transcender nin a cumprirse. Comezaba a cravar o cóbado no marco, e iso levoume a deixar de imaxinar.

Seguín alí, pero mirando ao horizonte. Non quería que se alguén se asomaba á xanela me collese mirando para ela! 

En fin, cousas de tímidos. O caso é que sentín a morriña da canción, pero tamén da vida. Mágoa non ter o valor de berrar a quen se atopase tras aquelas rancias cortinas sepia. Seguirei escoitando ese disco a soas mentres me evoca lembranzas non vividas. Imaxino.