lunes, 25 de octubre de 2010

Isto é tráfico

Atopei hoxe un vídeo que me fixo moita gracia, e, polo que din, chegou a ser moi popular no youtube. Eu o certo é que aínda que vexa as visitas que ten, non son quen de saber se son moitas ou poucas. Para min son só números con cada vez menor valor.
O vídeo é un sketch do programa de Roberto Vilar, Land Rober, co que está deixando claro que Tonecho tamén é quen de levar o peso de todo un programa e que vai pola segunda tempada.




Trátase dun tema burlón do que posiblemente foi a canción deste verán 2010: o Waka Waka de Shakira (tema do mundial de Sudáfrica). Déixovos a letra a letra despois do salto


Imos de verde, quitamos puntos;
Se corres moito pode que perdas os doce xuntos;
Falas co móbil, non levas luces;
Anda xogando, se te collemos xa non conduces.

Se tes de alcohol, exceso;
Pode que vaias preso.

Sancionamos por todo;
Nós os homes de verde;
Vai parando, ou é que non ve-la luz?
Porque isto é tráfico ...

Onde cres que vas, eh, eh;
Para, para, eh, eh;
Onde cres que vas, que hoxe te vou multar ...
Porque isto é tráfico ...

Non po-lo cinto, porque es moi vago;
A multa é menos, que che descontan por pronto pago;
Salta o radar, facémosche a foto;
Danos igual que vaias en coche ou vaias en moto.

Se tés Stop, detente;
Non sexas imprudente.

As macarradas non baixan;
E nós subimo-la caixa;.
Vai parando, ou é que non ve-la luz?
Porque isto é tráfico ...

Onde cres que vas, eh, eh;
Para, para, eh, eh;
Onde cres que vas, que hoxe te vou multar ...
Porque isto é tráfico ...

Onde cres que vas, eh, eh;
Para, para, eh, eh;
Onde cres que vas, que hoxe te vou multar ...
Porque isto é tráfico ...

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Deixa constancia do que está a atravesar os teus miolos :)