martes, 8 de julio de 2014

Os incencios forestais, a Xunta, un DVD perdido e a diglosia

- Hola, ¿es usted X?
- No
- Es su esposo
- No...
- ¿Es su hijo?
- Si
- ¿Es mayor de edad?
- Si... pe--
- ¿Cuál es su nombre?
- Miguel...
- Mire, le llamamos de la Xunta para hablar de los incendios forestales BLA BLA BLA ¿sabe usted que Galicia tiene más fuegos que Francia, Alemania y no sé qué más juntos?
- No
- ¿Y sabe que el 95% de los incencios son intencionados?
- Si...
- ¿Y por qué cree usted que pasa eso?
- Pois eu que sei... porque a xente non ten conciencia, supoño
- Claro, don Miguel, a xente non ten conciencia. Obviamente ni ti ni eu vamos plantar lume, pero a xente non ten conciencia disto. Por eso le estamos chamando para previr isto e informar, porque iso ven por falta de información. Que sepa usted que hai uns DVDs por tan só 9,95 que son sen ánimo de lucro, só se pagaría dereitos de autor y transporte que están muy bien. ¿Cuándo le viene ben que se lo entregue?
- É que non me interesa...
- Pero está muy bien, como te digo é gratuíto y sólo se cobran derechos de autor y envío. Pódelo ver con teus pais, con teus amigos...
- Xa, xa... xa coñezo algún traballo e outros datos...
- Entón non queres colaborar para evitar os incencios?
- No, no, gracias...
- Muy bien. Chao.
- Ala, bos días, sorte.



O conto foi algo así. Cando a paisana, sen identificarse e tras masacrarme a preguntas sen dar opción a replicar me escoitou falar galego intentou cambiar a lingua na que se expresaba con resultades ben pésimos. O que me dá pena non é ese nivel pésimo de galego, senón que sendo do organismo, digamos, teóricamente, "máis galego", non se dirixa a min de primeiras nesta lingua. Que me intente vender un DVD sen sequera ter o meu consentimento e contándome cousas que non acabo de crer pois vale, é máis normal cos comerciais.

Levo un anaco buscando en internet información sobre tal DVD, e non atopo nada, así que empezo a pensar que puidera non ser realmente a tipa da Xunta. Pero bueno, que tampouco sería tan raro.

O que quería "denunciar", "desafogar" con este escrito, é sobre todo ese mal galego da xente dos organismos oficiais galegos. Concellos, xunta, ministerios... ese mal galego de persoas supostamente preparadas e cunha alta calificación nesa lingua. E mentres, día a día, escoitar a meus pais, a moita xente de mediana idade, aos vellos e a algún máis novo dicir iso de "é que eu falo castrapo", ou aqueloutra de "eu o gallego fáloo, pero para falarllo mal aos meus clientes, fálolles castellano". Pobres herdeiros dunha ditadura cultural, que non teñen culpa ningunha de sentírense acomplexados na súa propia lingua. A culpa é dos mamalóns que estiveron e están arriba, e de quen non é consecuente coas súas responsabilidades (léase funcionarios da Xunta). Como sempre, os vellos equivócanse. Saben moito máis e mellor galego cá nós, e teñen moitísimos máis coñecementos malia non poder ter estudado. Eu procuro facérllelos saber cando escoito laios dese tipo. Procurade facelo vós tamén.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Deixa constancia do que está a atravesar os teus miolos :)