sábado, 6 de noviembre de 2010

A vida (e as relacións)

A vida é coma un campo de batalla, aínda que nunca ten fin: É preciso loitar, pero ao fin e ao cabo imos morrer. Só intentaremos que o noso bando e as nosas crenzas perduren no tempo e sexan axudadas por nós.
O resto de persoas forman parte do exercito. Non todos son facilmente identificables no referente ao seu bando, e debemos procurar andar sempre atentos.

Irlanda 2010
Moitos dos nosos compañeiros caerán no camiño, perderémolos de vista, fallarannos en batallas clave e ata poida que nos toque loitar contra eles noutro tempo. Pero iso non debe debilitarnos.
Saímos coa batalla perdida e sen nada que perder, polo que toca ir a por todas. Isto non significa dálo todo por perdido ou esquecernos de que debemos preparar o futuro. Debemos ter coidado a cada paso que damos de non deixar pegadas nos prexudiquen máis adiante, e debemos procurar ser honestos e legais cos nosos compañeiros.
De tódolos xeitos, cada un ten a súa estratexia nunha batalla, pero eu penso que isto é máis ou menos así...

1 comentario:

  1. Paréceme unha reflexión boa e axeitada, moi boa e axeitada. Intentarei seguirte e tamén actualizar o meu máis a menudo (unha apátrida dende Vigo :P)

    ResponderEliminar

Deixa constancia do que está a atravesar os teus miolos :)