miércoles, 6 de junio de 2012

Imaxino a deshora




Estaba mexando (sen ser burdo nin banal, é o que hai) e escoitei unha gaita. A triste melodía fíxome recordar. Triste unha gaita? Non tal, pero si morriñenta. O caso é que en canto rematei a necesidade fisiolóxica, sentín a necesidade de saber quen compartía gustos tan non-comerciais comigo. Asomeime á fiestra e busquei. O entrañable son parecía provir da parte esquerda do andar de arriba. E alí se dirixiu a miña mirada. Unha ventá aberta e unhas antigas cortinas protexendo o cuarto. Pouco máis.

Imaxinei. Claro, imaxinei. Quen vive aí? Neste edificio hai de todo, dende estudantes a traballadores e xubilados. Quen carallo podía estar a ouvir ese CD que saíu fará un par de meses? Imaxinei. Dende logo, alguén da miña idade. Unha rapaza, seguramente. Seguramente? Non, está claro. De longo cabelo louro. Bu... qué guapa! (e a canción, tamén). Non só é un gran álbum, é unha declaración de intencións. Foder, buscando lonxe o que tiña ao ladiño. Pois nada, non imos deixalo pasar...

-          Hei!! Tremenda canción

Non debía tardar en asomarse. E cumpriu.

-          Ola! Está moi ben, si.
-          Algo tristeira, non si? Chámome Miguel.
-          Eu chámome ...
-          ..., bonito nome! (mentín; a quen lle gusta ...? Por favor, qué hortera!)
-          Grazas.
-          Pois eu tócoa. E esta canción na guitarra tamén (ou algo así, non recordo ben)
-          Eu canto e tócoa tamén. Cando queiras tócocha.
-          Mola, tocámola xuntos?
-          Vale!

Por desgraza, isto nunca chegou a transcender nin a cumprirse. Comezaba a cravar o cóbado no marco, e iso levoume a deixar de imaxinar.

Seguín alí, pero mirando ao horizonte. Non quería que se alguén se asomaba á xanela me collese mirando para ela! 

En fin, cousas de tímidos. O caso é que sentín a morriña da canción, pero tamén da vida. Mágoa non ter o valor de berrar a quen se atopase tras aquelas rancias cortinas sepia. Seguirei escoitando ese disco a soas mentres me evoca lembranzas non vividas. Imaxino.

4 comentarios:

Deixa constancia do que está a atravesar os teus miolos :)